sábado, 15 de abril de 2017

SEMANA SANTA

SÁBADO SANTO

2017


Selado o sepulcro e dispersados os discípulos só "María Magdalena e a outra María estaban alí, sentadas fronte ao sepulcro" (Mt 27,61). O discípulo amado acompaña á Virxe na súa soidade, mentres que os xudeus celebraban o Sabbat, día que lembra o descanso de Deus na semana da creación. Na nova alianza que se deu no Calvario, o sábado será o día da Nai que, unida con toda a Igrexa, "permanece xunto ao sepulcro do Señor, meditando a súa Paixón e Morte, o seu descenso aos infernos e esperando na oración e no xaxún a súa Resurrección" (DD nº 73). Mentres o Fillo redime as entrañas da humanidade, María vive eses momentos nun  silencio contemplativo, reflexionando sobre as experiencias que "gardaba no seu corazón" (Lc 2,61).



VIXILIA PASCUAL




Unha frase do evanxeo: 

«Non teñades medo, ben sei que buscades a Xesús o crucificado. Non está aquí, resucitou tal como dixera. Vinde ver o sitio onde estaba.»

Reflexión:

Esta noite facémonos conscientes coa proba da Resurrección, de que o home está chamado a vivir en plenitude, a gozar do agasallo da existencia, do amor de Deus, do amor dos homes, a vivir todo iso que é a salvación, a gozar de saberse salvado... a acoller hoxe o agasallo da Resurrección no medio de risas e de goce.

Actitude:

CANTA:  A Alegría da Resurrección.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario